Ir ao contido
BonsáiArtesanía

Feito a man en Galicia

Flores que
non murchan

Flores recollidas, secadas e gardadas para sempre en resina. Cada peza faise a man, dunha en unha, e non se volve repetir.

Encargas

As vosas flores

O ramo dunha voda, as flores dun aniversario, a planta de alguén que xa non está. Todas se secan. O que fago é paralas xusto antes e convertelas en algo que poidas levar contigo.

Como funciona

  1. 01

    Escríbesme

    Cóntasme que flores son e que che gustaría levar posto. Sen compromiso.

  2. 02

    Mándasmas

    Canto máis frescas cheguen, mellor conservan a cor. Explícoche como empaquetalas.

  3. 03

    Secado

    De dúas a catro semanas de prensa. É o que decide o resultado, e non se pode correr.

  4. 04

    Mándocha

    Antes de pechar nada ensínoche fotos. A peza sae na súa caixa, lista para regalar.

«Non hai dous ramos iguais, así que non hai dúas pezas iguais. Cóntame o teu e vémolo con calma.»

Ana

Unha man con aneis de resina entre espigas de campo

O taller

Cada peza tarda semanas en estar lista, e só existe unha vez.

Recollo as flores, sécoas, colócoas dunha en unha e gárdoas en resina. Non hai moldes en serie nin dúas pezas iguais: a flor decide como vai quedar e eu acompáñoa.

  1. 01

    Recoller

    Flores e follas de campo galego, no seu momento xusto.

  2. 02

    Secar

    Semanas de prensa e silencio. É a parte lenta.

  3. 03

    Resina

    Colocada unha a unha, sen presa, e curada dous días.

  4. 04

    Puír

    A man, ata que a luz entra limpa.

Contacto

Cóntame que flor queres gardar

Encargas, dúbidas de talla, prazos de envío ou simplemente saudar. Escribe por onde che resulte máis cómodo: contesto eu, non hai ninguén máis do outro lado.

  • +34 660 26 98 72
  • bonsai@bonsaiartesania.com
  • @san.bonsai_