Privacidade
Isto é un taller pequeno. Recóllense os datos mínimos para poder atender unha petición e enviar unha peza, e nada máis: non hai analítica, nin publicidade, nin perfís, e os teus datos non se ceden nin se comparten con ninguén fóra da lista de máis abaixo.
Quen responde
- Responsable: Ana Ribera Sánchez
- Correo: bonsai@bonsaiartesania.com
A ese enderezo escríbese para calquera cousa desta páxina: preguntar, corrixir un dato ou pedir que se borre todo.
Que se recolle e para que
| Datos | Para que | Por que se pode |
|---|---|---|
| Correo electrónico | Crear a túa conta, enviarche o código que a confirma e avisarte das túas peticións | Para poder atender o que pides |
| Nome | Saber como chamarte e a nome de quen vai o paquete | Para poder atender o que pides |
| Teléfono | Avisarte dun problema co envío | Para poder atender o que pides |
| Enderezo de entrega | Enviarche a peza | Para poder atender o que pides |
| As túas peticións e o seu historial | Atendelas e que poidas consultar como van | Para poder atender o que pides |
O teu contrasinal non se garda. O que queda é un resumo criptográfico (scrypt) do que non se pode volver atrás: serve para comprobar que acertas, non para saber cal é.
Datos bancarios: ningún. Nin número de tarxeta, nin caducidade, nin código de seguridade. A web non os pide en ningún momento e non hai onde gardalos.
Canto tempo se gardan
- Conta e enderezos: mentres teñas a conta aberta. Se a borras, desaparecen.
- Peticións: consérvanse como rexistro do taller. Se borras a conta non se eliminan, anonimízanse: quítaselles o teu nome, o teu teléfono e o teu enderezo, e deixan de estar ligadas a ti. Queda que se pediu e cando, sen a quen.
Quen máis os trata
Só os provedores necesarios para que a web funcione:
| Provedor | Para que | Onde |
|---|---|---|
| Vercel Inc. | Aloxamento da web | EE. UU. (con CCT) |
| MongoDB Inc. (Atlas) | Base de datos de contas e peticións | UE (París) |
| IONOS SE | Correo electrónico (códigos de acceso e avisos) e dominio | UE (Alemaña) |
Os teus dereitos
Podes acceder aos teus datos, corrixilos, borralos, limitar o seu tratamento, oporte e pedilos nun ficheiro portable. O máis rápido é facelo ti desde os teus datos e privacidade: desde aí descargas en PDF todo o que hai sobre ti e borras a túa conta sen pedir permiso a ninguén nin esperar resposta.
E se os queres nun formato que outra web poida ler, pídemos por correo e mándochos así.
Tamén podes escribir a bonsai@bonsaiartesania.com. E se cres que algo non se fixo ben, podes reclamar ante a Axencia Española de Protección de Datos.
Cookies
Non hai banner, e é a propósito: as únicas dúas cookies desta web son técnicas e imprescindibles para que funcione. Segundo o artigo 22.2 da LSSI e o criterio da AEPD, esas non necesitan consentimento —abonda con explicalas, que é o que fai esta táboa—. Non hai analítica, nin píxeles, nin cookies de terceiros. Se algún día se engade algo diso, aparecerá aquí e cun banner de consentimento previo.
| Cookie | Para que | Duración |
|---|---|---|
authjs.session-token | Manter a túa sesión aberta cando entras coa túa conta | 30 días |
ba_carrito | Lembrar o teu carro se aínda non tes conta | 30 días |
Podes borralas ou bloquealas desde o teu navegador. Ao ser as imprescindibles, bloquealas significa que non poderás manter a sesión aberta nin conservar o carro, pero o resto da web séguese lendo con normalidade.